Madrid lembra a Torrente Ballester

Madrid lembra a Torrente Ballester

21 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un documental de televisión, lecturas de textos e mesas redondas servirán para lembrar a obra do escritor Gonzalo Torrente Ballester en Madrid. A Fundación que leva o nome do literato, a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais do Ministerio de Cultura e a Biblioteca Nacional organizan uns actos que comezan coa lectura de textos seleccionados do autor a cargo de Charo López, Nuria Espert, Juan Diego e Javier Gurruchaga, entroutros actores que teñen representado

Posteriormente terá lugar unha mesa redonda sobre a obra de Torrente coa participación de Imanol Uribe e dos actores citados. Mañá martes proxectaráse o documental GTB x GTB. A continuación celebraráse unha mesa redonda na que participarán o xornalista Eduardo Sotillos e os directores do documental, Daniel Suberviola e Luís Felipe Torrente, fillo do escritor.

 

Os actos comezarán ás 19 horas de hoxe no salón de actos da Biblioteca Nacional de España con entrada libre ata cubrir o aforo (BNE - Pº de Recoletos 20-22. 28071 Madrid Tel.: (34) 91 580 78 00).

 

Sociedade