Magalofes amosa os seus muíños

Magalofes amosa os seus muíños

08 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Da ruta dos Muíños por Magalofes - Fene- falou esta mañá o presidente da AVV desta parroquia, Manuel Pico. A cita empeza o sabado ás 11.30 no local social. Con botas e chuvasqueiro van ter que acudir as persoas interesadas. A maioría dos muíños, agas o do Redondo, restaurado polo concello hai anos, todos están medio ruinosos. Do muiño da Torre, de Alfredo, o do Noxo e o de Prego aínda quedan restos. Segundo Manuel Pico chegou

A ruta dos muíños forma parte da I Mostra Turística Ven a Fene! organizada polo concello e as diferentesentidades sociais.

Na mesma noite do sabado 11, unhas 160 persoas xa inscritas reuniranse no local social de Magalofes para participar nunha pulpada que organiza o ambigú da sociedade. Carlos Rey porá a música á festa. Un éxito de convocatoria que requería en principio unhas 50 persoas, cifra enormemente superada.

A AVV de Magalofes puxo data xa para a Degustación da carne de poldro e o magosto, que celebrarán o 8 de novembro. Polo demais a AVV de Magalofes está empezando as escolas de bolillos, ximnasia, pilates e zumba.

Sociedade