Magnífico magnolio

Magnífico magnolio
23 de Xaneiro, 2021 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 200 anos din que ten este magnífico magnolio situado ao pé do río Xuvia, xusto na ponte que divide os concellos de Narón e Neda. Os máis vellos do lugar aseguran que o trouxeron de Filipinas.É un dos exemplares incluídos no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, coñecido como Magnolio de Santa Rita, é da especie "magnolia grandiflora".

Magnífico magnolio

Conta con 15,50 metros de altura, 6,15 metros de perímetro normal e 21 metros de diámetro de copa. Está considerado como o máis antigo de Galicia da súa especie.

Sociedade

Publica o teu comentario agora