ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
UGT e CC OO cualifican os presupostos da Xunta para 2011 de “restritivos e antisociais”. As centrais sindicais destacan a redución das partidas destinadas á cobertura de servizos públicos básicos e porén sinalan ao goberno galego que está a debilitar o proceso de diálogo social. Ambos sindicatos poñen o acento no desemprego. A secretaria de emprego de CC OO, Maica Bouza, explicou en Radiofusión que, a Xunta non aposta por pol&ia
Bouza amosouse moi crítica respecto aos orzamentos do goberno galego para o vindeiro ano que, na súa opinión, se basearían en dúas variables: maior gasto público e máis cartos para investir no emprego. Coas medidas orzamentarias do goberno de Núñez Feijóo resulta imposible loitar contra o desemprego e a Xunta ten que propiciar o crecemento económico, salientou.
A representante sindical comparou ao executivo galego co central indicando que están a aplicar a mesma receita: reducción de gastos e botando man dos ingresos. Bouza criticou a suba dos impostos indirectos independentemente do poder adquisitivo das persoas. “Habería que gravar as rendas máis altas seguindo un modelo retributivo máis xusto e equitativo. Nós demandamos da Xunta medidas que permitan a creación de emprego e que Galicia saia a crise en boas condicións”, precisou.