Maku Jarrak actúa hoxe en Lugo no marco da iniciativa de Mércores Miúdos

Maku Jarrak actúa hoxe en Lugo no marco da iniciativa de Mércores Miúdos

28 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A artista de rúa, paiasa e equilibrista Maku Jarrak encargarase de ir despedindo as actividades dos Mércores Miúdos, un programa cultural dirixido ós máis pequenos que lanzou a Deputación a comezos do verán e que finaliza o próximo 4 de agosto.

A artista Maku Jarrak conta cunha ampla experiencia neste mundo, despois de percorrer distintos festivais de paiasos, circo ou teatro por Arxentina, España, Francia, Brasil, Venezuela ou Bolivia.

A súa comunicación obvia as palabras. Consegue chegar ó público a través da linguaxe xestual e da acción física, a través das súas excéntricas habilidades circenses e do seu carácter fresco e desenfadado.

Os momentos técnicos e lúdicos sucédense durante o espectáculo que ofrecerá Maku Jarrak no día de hoxe. Equilibrios, malabares e instantes cómicos atraparán as miradas dos máis cativos a partir das 18:30 nos Xardíns da Deputación

Sociedade