Mal funcionamento da autopista

O mal funcionamento da autopista
29 de Novembro, 2018 - 02:08 h. | Publicada por Radio Redondela

A Fiscalía presentará unha demanda colectiva contra Audasa polos bloqueos e deficiencias no funcionamento da autopista do atlántico. En concreto a fiscalia provincial de Pontevedra prepara unhas dilixencias de investigación non penal. Derivaríase ao xulgado do mercantil que corresponda para que os usuarios da autopista poidan reclamar indemnizacións polo perxuicio sofrido cando continuaban pagando peaxes a pesar das obras da ponte de Rande.

O mal funcionamento da autopista do atlántico

Indicouno así o fiscal superior de Galicia Fernando Suanzes, na presentación da Memoria anual da fiscalía no Parlamento de Galicia. Despréndese que non é lexítimo, nen tan pouco legal, cobrar peaxes por utilizar unha autopista, cando a vía se atopa en obras e os usuarios deben padecer colas, esperas e circulación lenta.

Institucional

Publica o teu comentario agora