Malestar entre os veciños de Caranza pola falta de accesibilidade á oficina de Caixa Galicia

Malestar entre os veciños de Caranza pola falta de accesibilidade á oficina de Caixa Galicia

11 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG de Ferrol reclama a mediación do concello para garantir a accesibilidade na oficina de Caixa Galicia de Caranza. Os nacionalistas amosan así o seu descontento coa decisión desta entidade bancaria de pechar unha das dúas oficinas que tiñan neste barrio ferrolán. A sucursal que queda aberta, ofrece un peor servizo de accesibilidade entre os usuarios cunha mobilidade reducida ( minusválidos, persoas maiores ou carriños de bebé).

O grupo municipal do BNG de Ferrol demanda ao concello que se dirixa a Caixa Galicia para resolver o problema que está a sofrir Caranza. O peche dunha das sucursais e o mantemento da outra que conta cunha entrada estreita e chea de escaleiras está a provocar o malestar entre os usuarios con problemas de accesibilidade.

A formación nacionalista considera que Caixa Galicia debe facer un esforzo exemplarizantes en cuestións sociais e non mirar tanto o aspecto económico. A superación das barreiras arquitectónicas é un exemplo a ter en conta pola caixa de aforros, afirman.

O concello debe velar polos intereses deste numeroso colectivo de veciños e veciñas do Barrio de Caranza e esixir á entidade financiera que cumpra coa Lei de Accesibilidade nas súas oficinas, sinalan dende o BNG.

Institucional