Malleira na primeira parte

Malleira na primeira parte
15 de Outubro, 2018 - 11:41 h. | Publicada por Radio Fene

"Puxémonos 0-4 no minuto 47 e despois entrou a relaxación e concedimos oportunidades para que o Monfero marcase dous goles" indica o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro. En partido de fútbol da Segunda Galicia xogado no campo da Gándara de Pontedeume, Monfero 2 - 5 Perlío. A principal virtude do Perlio foi a paciencia, movendo o balón sen precipitación, ata que comezaron a chegar as ocasións de gol, afirma Piñeiro.

ESCOITA O PODCAST:
Monfero 2 - 5 Perlío

O Perlío continua líder da categoria, cando faltan catro partidos para o remate da primeira fase. Cunha vitoria máis, practicamente asegura a súa clasificación para o denominado "grupo bó" que pelexará polo título e polo ascenso de categoría.

Deportes

Publica o teu comentario agora