Malvela demostra a súa querenza pola música ao vivo

Malvela demostra a súa querenza pola música ao vivo

01 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

“Con público é cando mellor cantamos” asegura Lina, unha das integrantes de Malvela. “O que máis nos gusta son os concertos” confirma Fita, unha das súas compañeiras, quen asegura que se transforman cando están enriba do escenario. “Nas probas de son podemos estar apagadas, pero todo cambia cando se enche o recinto”. Non resulta estraño, xa que logo, que quixeran atrapar esa esencia no seu novo disco. Raianas recol

O cuarto álbum de Malvela é unha viaxe pola música de ambas beiras do Miño, nun afán de irmandade con Portugal que a formación amosou xa desde os seus inicios. En Raianas danse a man cantos tradicionais e actuais, así como temas inéditos e outros máis coñecidos do grupo. Entre eles atópase o famoso Pirimpimpín que popularizou a serie Padre Casares, versión que ata agora non estaba rexistrada en disco.

Para a gravación ao vivo do disco, as Malvelas (Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Carmen, Lina, Maruxa, Aurita, Dina, Teresa, Merchi, Sra. Carmen, Adela e Juaniña) estiveron acompañadas, ademais de polo seu grupo habitual, por convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta María Magdalena.

 

Cultura