Mamma mia

Mamma mia
20 de Abril, 2020 - 12:23 h. | Publicada por Radio Fene

Con esta expresión italiana,mamma mia, o empresario ferrolán Pepe Anca quere significar cántas viaxes tivo que suspender o Club de viaxes Galitur que el preside, entre as axencias de Ferrol, A Coruña e Santiago.

ESCOITA O PODCAST:

A palabra maldita, cancelación.

O primeiro que lle preguntamos ao empresario ferrolán Pepe Anca, xerente do Club de Viaxes Galitur, é cantas viaxes tivo que cancelar desde que comezou a crise do Covid19. Respondeunos en italiano e con dúas palabras : “Mamma mia”. E con cifras, uns 5000 pasaxeiros que tiñan contratada a viaxe coas axencias que Galitur ten en Ferrol, A Coruña e Santiago, víronse na obriga de cancelar. Cando abrimos a páxina de Galitur aparece un teléfono de emerxencia para os afectados a causa das restriccións actuáis polo coronavirus. Aí é onde se xestionan as cancelacións os os aprazamentos. Cóntanos Pepe Anca que cada compañía aérea ten as súas condicións de cancelación pero o máis normal é que en lugar de devolver o importe, este se sustitúa por un bono canxeable para viaxar no prazo dun ano. Se non se usa dentro dese periodo, a compañía terá que devolver o diñeiro. "Se tiveran que devolver todo xunto, entrarían en quebra. Nós aguantamos de momento pero por pouco tempo, explícanos Anca".

Resignación e espera

Galitur acordou co seu personal recurrir a un ERTE de reducción de xornada e facer teletraballo a media xornada. Manteñen un servicio de atención ao público as 24 horas e teletraballan solucionando cuestións ou pensando xa en novas vías de supervivencia a medio prazo. Porque Pepe Anca é consciente de que a volta á normalidade para o mundo das viaxes, tal e como o deixamos antes do 13 de marzo, está lonxe. E sabe tamén que será paulatinamente.  “ Eu sería feliz, afirma Anca, se en agosto poideramos movernos cando menos dentro do país”. Galitur está chamando aos clientes que teñen opción de moverse desde setembro ou outubro. En moitos casos terán que adiar as viaxes ata o ano que ven.

Repensar os destinos

"Agora toca repensar os destinos. Empezar polo noso país e seguir despois polos países veciños- Portugal e Francia- e logo por Europa”. Niso anda o noso convidado.  As viaxes polo mundo adiante, por países lonxanos como China ou Xapón e mesmo América van tardar moito máis, sobre un ano, conclúe o empresario ferrolán. Quedan persoas optimistas que aínda non cancelaron viaxes previstos para finais de xullo, agosto ou setembro. “Eu recoméndolles que esperen para aforrar en gastos de cancelación. “A nosa actividade é das máis perxudicadas nesta crise” dí resignado Pepe Anca e fala do “medo ou a precaución” como os elementos que máis inflúen á hora de prantexarse viaxar. E ten anécdotas abondo para demostralo, xa desde o comezo desta crise.

Cultura

Publica o teu comentario agora