A Mancomunidade de Ordes achegará o programa “Educación en Igualdade” aos veciños de toda a comarca

A Mancomunidade de Ordes achegará o programa “Educación en Igualdade” aos veciños de toda a comarca

01 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aprobou o programa de prestación de servizos especializados aos veciños e veciñas da comarca ordense, que inclúe un total de oito programas. Unha programación que este ano presenta unha novidade na prestación do programa Educación en igualdade, que se desenvolveu con éxito nos colexios dos sete concellos da comarca (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) para fom

O presidente da Mancomunidade de Ordes, Miguel Prado Patiño, explicou que “despois do éxito acadado nos colexios, este ano imos traballar coas distintas asociacións de toda a comarca e imos abrir o programa á poboación en xeral”. Unha medida coa que a Mancomunidade de Ordes pretende “fomentar entre os nosos veciños actitudes a prol da igualdade de xénero, que é unha tarefa non só da comunidade educativa senón de toda a sociedade”, sinala Prado Patiño.

Dentro da programación de actividades aprobadas figuran tamén os outros sete programas de prestación de servizos especializados na comarca ordense, nos que traballan oito traballadoras da Mancomunidade. Cinco deses programas impartiranse en todos os municipios, mentres que dous (o de Educación Familiar e o de Emprego) só terán lugar nos concellos que o solicitaron.

Sociedade