Maneiras de afrontar o Alzheimer

A presidenta de AFAL agradece á entidade veciñal e ao concello de Fene a súa colaboración
14 de Febreiro, 2019 - 10:58 h. | Publicada por Radio Fene

Limodre acolle mañá venres unha charla sobre o Alzheimer. Ás 18,30h representantes de AFAL serán os encargados de explicar esta doenza e todo o que a rodea, así como as maneiras de afrontala por parte dos familiares da persoa afectada. O acto será no local veciñal de Limodre (Fene).

AFAL Ferrolterra e a Asociación Veciñal de Limodre, en colaboración co Concello de Fene, organizan este venres unha charla informativa sobre o alzheimer. Será no local social da entidade veciñal, a partir das 18,30 horas e con entrada libre. A iniciativa forma parte do calendario de charlas que está a desenvolver AFAL no municipio de Fene para achegar á veciñanza esta doenza e os servizos que a asociación pon a disposición de persoas afectadas e familias.

A charla de mañá correrá a cargo da directora asistencial de AFAL, Noelia Ríos, e do director de administración, José María Otero. Encargaranse de abordar tanto a enfermidade como as terapias e os servizos que ofrece AFAL no seu centro de día terapéutico, así como na asociación, tanto para as persoas enfermas como para as familias.

Sociedade

Publica o teu comentario agora