Maniños 1 - Barallobre 1: reparto de puntos nun disputado partido

Maniños 1 - Barallobre 1: reparto de puntos nun disputado partido

12 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un gol de Diego de cabeza no minuto 30 da segunda parte desequilibrou o marcador a prol do Barallobre no derby local xogado esta tarde no campo do Pote de Maniños. Nos minutos finais, pasando xa 8 minutos do tempo regulamentado, o conxunto local logrou empatar o encontro cun tanto de Bruno.Ao remate Maniños 1 Barallobre 1 nun encontro no que debutou no banco do equipo visitante Javier Aguilar.

O novo adestrador do Barallobre Javier Aguilar queixouse dos 10 minutos de prolongou o arbitro o partido. O técnico do Cultural Maniños Angel Mahía indicou que ao seu equipo faltoulle frescura e velocidade. Loubou a actuación do porteiro do Barallobre que fixo 4 grandes paradas.

 

Javier Aguilar faise cargo da preparación e da dirección técnica da S.D. Barallobre ata que remate na presente tempada as competicións de Liga e de Copa.

 

 

Outros resultados desta xornada 21 do grupo 3º da Segunda Autonómica de fútbol, que se xogou nesta Semana Santa despois de aprazarse no seu dia polo temporal:

 

 

 

Narahío 1                                Cariño 1

Cedeira 1                                Miño 1

Galicia de Mugardos B 3         San Sadurniño 0

Eume 2                                    Valdoviño 1

Ortigueira 4                             Numancia 0

Perlío 2                                   A Capela 0

Maniños 1                               Barallobre 1

San Pablo 1                             Narón B 2

Galicia de Caranza 2                S.D.Animas 2

 

Deportes