Maniños adianta as festas do Carme

Maniños adianta as festas do Carme

22 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O calendario das mareas e as previsións festivas obrigaron a adiantar este ano a procesión marítima das festas do Carme de Maniños. Nesta parroquia honraráse á patroa dos mariñeiros o domingo 4 de xullo.

A procesión sairá da igrexa nova de Maniños o 4 de xullo ás 10 da mañá. Irá acompañada pola banda de trompetas e tambores Acotaga de Ferrol. Arredor das 11,30 da mañá oficiaráse a misa no peirao e logo empezará a viaxe en lancha pola ría, con ofrenda floral en lembranza dos falecidos no mar. Retornaráse á igrexa e no adro, por primeira vez este ano,  a rondalla de Ares ofrecerá cancións á virxe.

A igrexa nova de Maniños

A igrexa nova de Maniños comezou a construirse o 17 de maio de 1971, rematandose o 5 de xaneiro de 1975. A súa inauguración oficial realizouse o 15 de xaneiro de 1978, sendo párroco José Ramón Cascón Raposo. Precisamente neste verán do 2010, a xunta parroquial está a piques de rematar a restauración da igrexa vella.

Sociedade