Maniños será centro de atención esta fín de semana

Maniños será centro de atención esta fín de semana

26 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Duas riquezas naturais son protagonistas esta fín de semana no concello de Fene. Na parroquia de Maniños están o río Baa que vai recibir unha nova limpeza o domingo, dentro do Proxecto Ríos, e o parque do Pote que será escenario o sabado dunha nova parada da Mostra turística "Ven a Fene"Fene” cunha visita guiada entre as árbores centenarias. Tamén tres eminentes investigadores falarán o mesmo día sobre o cancrod e m

Visiata ao Parque

A principios do século XX os emigrantes na Habana crearon a Sociedade Amigos das Árbores que logo derivou no nacemento do Pote. Nos estatutos daquela sociedade había unha cláusula, decía que as sucesivas directivas tiñan a obriga de prantar árbores e así seguíu sendo durante todo o século pasado. Hoxe en día no parque o Pote hai arredor de 140 exemplares, especies autóctonas como os sete carballos bicentenarios que son a xoia da coroa, segundo o presidente do Pote, Juan José Cabana, pero tamén especies exóticas e pouco vistas como o pino de Oregón.

Pero tamén foron quedando no camiño, por unha razón ou por outra, algunhas especies moi importantes como un valioso teixo e un cedro. A actual directiva do Pote pedíu aos socios e socias dous anos de prazo para poñer o parque a punto. Neses laboran andan, con podas e limpezas, pero queda moito por facer. O propio presidente e outra persoa máis serán os guías da visita aberta que se celebra este sabado día 27, ás seis da tarde.

Charla sobre o cancro de mama.

Tras o percorrido polo parque, nas instalacións do Pote asistiremos a unha charla sobre o cancro de mama, ás sete da tarde. "Valentia, esperanza, resolución e ánimo". Dese xeito hai que afrontar o cancro de mama segundo o médico natural de Maniños Francisco Vizoso que será un dos intervintes. Oito de cada vez mulleres con esa enfermidade, están totalmente curadas no prazo de cinco anos. "Un diagnóstico de cancro non é o fin do mundo", segundo palabras de Francisco Vizoso en Radio Fene. Vizoso falará sobre o cancro de mama, este sábado  27 de setembro, ás sete da tarde nos locais do Pote de Maniños, acompañado dos médicos Ramón Pérez e José Schneider.

AETNA limpa o río Baa

Pola inmediacións do parque do Pote circula o río Baa. Este domingo un grupo dunhas vinte persoas procederá á limpeza do río, simultaneamente a outras que se farán noutros ríos galegos. Trá tase da 7ª edición do Proxecto Ríos, no que participan máis de 50 entidades de toda galicia. En Fene outro grupo limpará o río Cádavo. AETNA coordina a limpeza do Baa e ás 10 da mañá a cita será nos seus locais no lugar do Pombal en Maniños. Ao remate compartirán un xantar no propio local os dous grupos xuntos. A presidenta de AETNA, Mariela Aguilar, declaraba esta mañá que o río Baa está nun estado bastante bon na zona media baixa pero moi mal no tramo alto de Laraxe e Vilar do Colo.

Tras esta campaña AETNA empezará xa as actividades propias do outono coa campaña dos cogumelos, na que se comtempla saídas ao monte, mesmo con escolares, charlas e degustación de setas.O Potee stá inmerso na matriculación das actividades do novo curso.

Sociedade