Maniatamos ao rival na primeira metade

O Pote 0-Perlío 3
03 de Febreiro, 2020 - 11:13 h. | Publicada por Radio Fene

Despois de corenta e cinco minutos nos que o Pote maniatou ao Perlío, nada máis arrancar a segunda parte cometen un erro grave e todo cambia.

ESCOITA O PODCAST:

A visión que o técnico do Pote ten do encontro fronte ao Perlio coincide co técnico do rival en que a primeira parte xogaron moi ben, non os deixaron manobrar e roubaron no medio do campo. Afirma Manuel Freire que na primeira metade o Perlío non creou perigo e o seu porteiro non tivo que actuar. A partir daí a lectura é diferente. Un erro grave ao empezo da segunta parte, que lles custa o primeiro gol en contra, supón para Freire o cambio radical na marcha do encontro.

Para o adestrador do Pote a actuación arbitral, con varias equivocacións, marcará o desenvolvemento do partido. Nesas equivocacións inclúe un fora de xogo e dous penaltis. En total, de oito xogadas conflictivas, Manuel Freire afirma que o árbitro errou en seis na súa contra e en dúas ao seu favor. O próximo encontro leva aos do Pote ao campo de Prados Vellos para enfrontarse co Numancia de Ares, “un rival moi difícil” no parecer de Freire.

(na imaxe, de esquerda a dereita, os centrocampistas de O Pote, Joseph, Rubén, Iván, Agus, Cavezza, Berto, Cartelle, Marcos e Mario).

Deportes

Publica o teu comentario agora