Manicómicos celebran o seu 6º aniversario cunha gran gala de homenaxe a Carlo Colombaioni

Manicómicos celebran o seu 6º aniversario cunha gran gala de homenaxe a Carlo Colombaioni

30 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña celebra este domingo, 3 de xaneiro, a Gran Gala de 6º Aniversario Manicómicos. O evento dará comezo ás sete da tarde e renderá homenaxe ao desaparecido Carlo Colombaioni, considerado un dos mellores clowns da historia, que traballou con Fellini en varios films e colaborou con Manicómicos impartindo cursos e dirixindo un espect&

Na gala actuarán máis de 20 artistas entre cómicos, acróbatas, malabaristas, trapecistas, clowns e músicos de toda Galicia. A partir das cinco e media da tarde do sábado unha charanga percorrerá as rúas céntricas da Coruña, preto xa do teatro Rosalía de Castro.

A Asociación Cultural MANICÓMICOS nace en Xaneiro de 2004 na Coruña, promovida por un grupo de persoas con distintos niveis de experiencia nas artes escénicas e cun interese común: investigar, estudar e difundir as artes escénicas, especialmente a comedia.

As entradas para a gala xa están á venda na web de Caixanova (www.caixanova.es) ou por teléfono 902 504 500 ao prezo de 8 euros. Tamén se pode adquirir unha oferta familiar de 3 entradas por 16 euros.

 

Cultura