Manifesto mancomunado polo sector Naval

Manifesto mancomunado polo sector Naval

17 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vinteún concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal, aprobarán de xeito simultáneo unha declaración institucional conxunta, en defensa do sector naval da ría de Ferrol. Os plenos municipais celebraranse o xoves 26 de abril ás 18.00 horas.

Os alcaldes da Mancomunidade adoptaron este acordo nunha xuntanza aberta á participación dos primeiros edís de municipios de Ferrol, Eume e Ortegal. As corporacións locais aprobarán un texto de consenso que recollerá, entre outras cuestións, a necesidade de novos contratos, a construción do dique flotante, a elaboración dun plan industrial para os terreos sen uso da antiga Astano e o levantamento do veto produtivo da Unión Europea que impide á planta fenesa construír barcos.

Os plenos municipais fixáronse para o xoves 26 ás 6 da tarde, celebrándose a un tempo en todolos municipios.
O alcalde de Ferrol e presidente da Mancomunidade destaca a unidade de acción dos Concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal na busca de solucións ante a crítica situación que atravesa o naval

Sociedade