Mantense a veda da cigala

Mantense a veda da cigala do Cantábrico e a cota da pescada
19 de Decembro, 2018 - 08:18 h. | Publicada por Radio Burela

A Unión Europea aceptou finalmente esta madrugada reducir o recorte da cota de pescada. Manteráse a cifra do ano pasado que para o Mar Cantábrico e o golfo de Cádiz fíxase en 5.924 toneladas, o mesmo nivel que en 2018, despois de catro anos de recortes. As capturas deste especie no golfo de Biskaia chegan ás 16.037 toneladas e no Gran Sol alcanzan as 23.512. A cigala non sae da cota científica.

 

Porto de Burela

O futuro da flota galega do Gran Sol depende de que lle deixen pescar bacallau, solla e merlán nese caladeiro. Mantense a veda da cigala e a cota da xarda. No Cantábrico só se poderán pescar 2.000 quilogramos de cigala con fins científicos. Entre quince e dezaoito barcos do arrastre non poderán pescar cigala do Cantábrico, o que é un desastre, segundo aseguran en Pescagalicia. A Xunta de Galicia indica que a pescada Sul manterá en 2019 a cota fixada para o 2018. Incrementase ademais a flexibilidade entre zonas para a pesca da xarda.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora