Manual para amantes desorientados

Noites de safari, manual para amantes desorientados de Iolanda Zúñiga
20 de Decembro, 2018 - 09:03 h. | Publicada por Radio Redondela

“Femias en celo rastrexan as pegadas e os bramidos dos machos dominantes sexualmente activos co fin de aparearse” A cita de Rodríguez de la Fuente incluese no libro Noites de safari, Manual para amantes desorientados. A autora é Marleen MaLone, heterónimo de Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de novela no 2010 con Perifería. Iolanda confésanos que a cita é falsa, pero que serve de disculpa para tratar con humor as relacións entre individuos de distinto sexo. O libro Noites de safari protagoniza o clube de lectura de Radiofusión, desprazado nesta ocasión a Radio Redondela, onde conversamos con Tatty Lavandeira, Ana Prieto, Manuel Forcadela, Iolanda Zúñiga e Henrique Sanfiz..

ESCOITA O PODCAST:
Clube de lectura de Radiofusión en Radio Redondela

Iolanda Zúñiga explica o proceso de elaboración de Noites de safari, unha colección de amantes designados por un adxectivo calificativo e con orde alfabético. Unha muller -Marleen MaLone- decide adoptar un papel activo nos xogos de seducción e todo aparece tratado con moito humor.

Cultura

Comentarios

A mín fíxome rir moito, en boa compaña...Grazas Iolanda
Nome: 
Amparo Roger Piñeiro

Publica o teu comentario agora