Manuel Chaparro: "Hai que medir a satisfacción da audiencia"

Manuel Chaparro: "Hai que medir a satisfacción da audiencia"
28 de Febreiro, 2023 - 12:14 h. | Publicada por Radiofusión

Transparencia do medio na súa xestión, diversidade de contidos que ofrece á audiencia, facilidade tecnolóxica de acceso  e  política laboral da empresa. Son diferentes variábeis que se miden no IRSCOM, Índice de Rendibilidade Social en Comunicación, ferramenta deseñada na Facultade de Xornalismo da Universidade de Málaga. Trátase de buscar medios eticamente fiábeis máis alá da súa ideoloxía. Mídense variabeis para tratar de construír unha imaxe. "Estámonos adiantando ao que van ser as políticas públicas. A Lei Xeral de Audiovisual de 2022 xa esixe indicadores para medir o comportamento dos medios e o Regulamento de Liberdade dos Medios de Comunicación da Unión Europea tamén se vai fixar na transparencia e na lealdade dos medios coa cidadanía" indica o catedrático Manuel Chaparro.

ESCOITA O PODCAST:
Manuel Chaparro. Catedrático de Periodismo de Málaga

A audiencia dos medios
A realidade dos estudos de audiencia de radio é pouco satisfactoria. "Centrada en medir o consumo de grandes medios, pero non radios autonómicas ou locais. Os estudos permiten coñecer a punta do iceberg pero non o que hai debaixo. Non me digas que comiches senón que gratificación che produce” salienta Chaparro. A ferramenta AEDO -unha APP interactiva que se descarga no móbil- pretende afondar nos niveis cuantitativos de audiencias, pero tamén no grado de satisfacción que produce. Pódese xa traballar en calquera ámbito con mostras definidas para facer calquera tipo de exploración.

Armando Cascón e Henrique Sanfiz participaron en representación de Emisoras Municipais Galegas nas xornadas realizadas na Facultade de Periodismo de Málaga para reflexionar en torno aos retos de futuro dos medios locais. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora