ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Traballadores da central térmica das Pontes, veciños e veciñas da localidade camioneiros, e cidadáns en xeral da comarca de Ferrolterra participaron onte sábado na mobilización para protestar polo decreto do carbón. A marcha partiu desde As Pontes ata concentrarse, ao mediodía, no porto exterior de Ferrol que se verá gravemente afectado si a norma se aproba finalmente.
O secretario comarcal da CIG, Manuel Grandal, criticou a hipocresía dos partidos políticos perante este asunto. Segundo o sindicalista, o PP levou mocións ao parlamento galego en contra desta normativa para logo chegar a Madrid e favorecer a saída do decreto. A Xunta puido presentar alegacións na comisión de enerxía e agora laiáse. As comarcas de Ferrolterra e Cerceda sufrirán grandes consecuencias negativas pola deixadez dos nosos políticos, declarou Grandal. O representante sindical tampouco exculpa ao PSOE desta situación. Referiuse ás declaración do parlamentario, Xavier Carro, nas que aseguraba que as empresas térmicas galegas non ían a perder capacidade produtiva. Desde a CIG cualifican as actuación de socialistas e populares de dobre xogo cando o que está enriba da mesa é o futuro de moitas familias que dependen do sector do carbón.
A Confederación Intersindical Galega salienta os grandes investimentos realizados para traer carbón de fóra que coa entrada en vigor do decreto, o vindeiro 29 de setembro, suporán un gasto en balde. Senón se paraliza a norma ou se reforma, as centrais térmicas do noso país quedarán paralizadas, alertan desde a organización sindical.