Manuel Polo: o pacto pode ser ou non ser.

Manuel Polo: o pacto pode ser ou non ser.

24 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Factores locais e externos influíron nos resultados electorais de Fene (A Coruña) segundo o portavoz do BNG local, Manuel Polo, quen agradeceu esta mañá no programa "As Foxas" o respaldo dos votantes do BNG a pesar de ser unha candidatura renovada, con novo candidato e circunstancias adversas. Segundo os nacionalistas, o PSOE foi a forza máis castigada pola sua mala xestión.

Afirmaba o número tres da candidatura nacionalista que o PSOE tivo un gran castigo en Fene pola sua mala xestión, baixando 800 votos e perdendo dous concelleiros. O PP beneficiouse da dinámica estatal, segundo Manuel Polo, que afirmaba que, a pesar desa clave estatal, tanto BNG como EU mantivéronse. A forza que máis perdeu en Fene o domingo foi o PSOE, segundo Polo, cunha baixada impresionante.

Falando de futuro e de posibles pactos, o portavoz do Bloque decía que o PP está só e que o pacto BNG-PSOE “pode ser ou non ser”. En relación con posibles pactos cos socialistas, declaraba o portavoz nacionalista que hai catro anos xa lle tendéron a man ao PSOE e este  "traboulla”.

Así que todo pode pasar daquí ao 11 de xuño, día de constitución das novas corporación locais.  O Consello local do BNG reuníuse onte para valorar os resultados e xa o venres desta semana convocou a asamblea de afiliados para ir perfilando a decisión definitiva que adoptará, pensando no mandato dos próximos catro anos.

Sociedade