Manuel Portas presenta Faneca Brava en Fene

Manuel Portas presenta Faneca Brava en Fene

03 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os “ratos da biblioteca” da compañía Trinke Trinke visitan esta semana a Biblioteca Municipal de Fene co seu espectáculo “Os ratiños da caixa”. A sesión de contacontos, dirixida a nenos/as de 3 a 10 anos, desenvolverase mañá martes, 4 de xuño, a partir das 19 horas. O xoves dia 6 visita as instalacións o escritor, Manuel Portas, para presentar a novela "Faneca Brava"

Animación o martes

En “Os ratiños da caixa”, “o Rato trae á biblioteca nunha caixa aos tres ratiños máis novos de Lonxedetodo. Os pequenos son moi trastes e, para tranquilizalos, decide contarlles contos especiais para ratiños. Pero non é doado!”.
Trinketrinke fai animación á lectura dende o teatro. Os conductores das súas actividades son uns personaxes fantásticos chamados os Ratos da Biblioteca e proceden dun lugar chamado Lonxedetodo (onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidade). Promover a lectura e estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o espírito crítico dos nenos son os principais obxectivos da compañía Trinketrinke.//////

Novela o xoves

Á mesma biblioteca de Fene achégase este xoves ás 17.00h o escritor Manuel Portas para presentar e departir cos asistentes, o seu novo libro "Faneca Brava" editado por Xerais. O Club de lectura de adultos do IES de Fene está convidado especialmente a esta cita despois de ter lido a novela de Manuel Portas. Os membros do club trasladaránse á biblioteca municipal o xoves. 

Sociedade