Manuel Sánchez : “ hai que buscar o consenso entre veciños e a medida do goberno municipal”

Manuel Sánchez : “ hai que buscar o consenso entre veciños e a medida do goberno municipal”

10 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O plan de reorganización do tráfico impulsado polo goberno municipal de Fene segue a suscitar polémicas. Principalmente a medida adoptada de dirección única na avenida do concello. Tamén o único sentido na Avenida das Tellerías está a producir as queixas dos veciños.

Os propietarios dos establecementos e locais da Avenida do Concello de Fene están a recoller sinaturas para amosar o seu desacordo coa dirección única implantada neste concurrido vial. Segundo manifestou en Radiofusión o voceiro de EU de Fene, Manuel Sánchez, hai que buscar o consenso e aunar os intereses dos veciños afectados coa resolución do goberno fenés.

Para Sánchez, esta rúa adoece de aparcadoiros suficientes ante os numerosos veciños que acuden ao concello para facer xestións. Para EU faise necesario abrir a avenida coa Rúa dos Muíños. O PP de Fene xa suxerira aparcar en dobre batería e manter a dobre dirección. Mentras o BNG apostaba por convertir a Praza do Concello en estacionamento polas mañás. Dúas propostas para acadar unha solución. 

Por outra banda, Manuel Sánchez non ve xustificado a dirección única na Avenida das Tellerías. Aínda que se trata dun vial estreito é casco urbano e non é necesario buscar problemas innecesarios.  

Institucional