Mapuchemente

O proxecto educativo en galego A Semente convócanos a unha nova sesión vermute con Cuarta Xusta
03 de Abril, 2019 - 11:44 h. | Publicada por Radio Fene

O proxecto educativo vai cumprindo os prazos previstos para o inicio da nova etapa de primaria o curso que ven 2019-2020. Os trámites van en tempo, segundo afirma Lidia Pena.

ESCOITA O PODCAST:

Semente Trasancos gosta das Sesións Vermute, que repiten todas as primaveras. Estamos en tempo de reserva de matrícula e é unha boa maneira de convidar a outra xente a que coñezan o espazo da escola de San Mateu onde se celebra o sabado 6 de abril a sesión vermute “Mapuchemente”. O nome quere darlle un carácter monográfico á festa que si ben o ano pasado se adicou a México, agora será Chile o obxecto do desexo, por ser chileno un pai do centro.

Xa ensaian os petiscos que servirán o sabado e que terán sabor mapuche. Haberá tamén xogos para as crianzas e a música de Cuarta Xusta. Todo se desenvolverá baixo unha carpa dende as 12,30h do sabado. Lidia Pena insiste en que está todo o mundo convidado.

Sociedade

Publica o teu comentario agora