A maquinaria está en marcha

Antes dun mes os concellos deben ter aprobado o organigrama municipal.
17 de Xuño, 2019 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

A lei marca cinco dias para a constitucións dos grupos municipais nos concellos. Antes dun mes debe convocarse o pleno de organización no que se aproba a mecánica municipal dos próximos catro anos.

plenomunicipais2019

Cinco dias teñen por diante as novas corporacións para que se constituan os grupos municipais tras os plenos de investidura celebrados o sabado pasado. Cada grupo municipal entregará en Secretaría a súa constitución e os nomes do portavoz e suplente. Unha vez constituídos, o alcalde ten a potestade de convocar o pleno de organización, dentro do prazo legal dun mes a contar desde o dia 15.

Nese primeiro pleno do novo mandato, debe aprobarse a composición das distintas comisións de traballo e os seus presidentes. O alcalde de Fene non descarta propoñer algunhas modificación en canto a concentrar a celebración das comisión en menos dias á semana para facilitar a asistencia dos seus membros. Tamén se debe fixar a periodicidade dos plenos e o dia para a sua convocatoria. Apuntar que pola poboación de Fene, o pleno podería convocarse nesta localidade cada dous meses, aínda que sempre se fixo mensual.

O pleno de Organización tamén ten a misión de fixar as dedicacións, exclusivas ou parciais; determinar as indemnizacións aos grupos políticos, así como nomear aos concelleiros e concelleiras que representarán ao concello nos diferentes órganos colexiados, como por exemplo na Mancomunidade ou nos consellos escolares de cada centro.

Así pois, nesta semana deben constituirse os grupos municipais e a partir daí o alcalde xa poderá dirixirse aos respectivos portavoces para acordar con eles os pasos posteriores ata que finalmente se aprobe en pleno o organigrama municipal.

Institucional

Publica o teu comentario agora