Mar defende que os bivalvos da ría do Burgo son aptos para o consumo

Mar defende que os bivalvos da ría do Burgo son aptos para o consumo

01 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A Xunta garante a “calidade e salubridade” dos produtos da ría do Burgo, na Coruña, que reabrirá ao marisqueo na súa parte externa. Perante as críticas dos propios traballadores da ría, que denuncian o mal estado das augas por mor da contaminación, a Consellaría do Mar confirmaba esta mañá que pensa executar a resolución do Intecmar polo que a zona de marisqueo coa cualificación C pasará ser zona B. Esta n

A Xunta adiantou que a nova clasificación sairá publicada no Diario Oficial de Galicia este mesmo mes. Os mariscadores da ría do Burgo declaran que os numerosos puntos de vertidos fecais na zona estragan calquera garantía dabondo para o marisco, pero dende o Goberno respóndese que a contaminación microbiolóxica non depende en exclusiva dun marior número de vertidos, senón da carga contaminante que posúen e que neste caso a Consellaría do Mar considera aturable.

Sociedade