ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A comedia dirixida por Jason Reitman “Juno” é o filme que se pasa este mércores en versión orixinal subtitulada dentro do Ciclo “Outono de Cine” que este mes de novembro se adica á xuventude. Proxéctase ás oito e media do serán nos Cines Dúplex de Esteiro con entrada de balde. Antes do pase da longa visionarase, como ven sendo habitual neste ciclo, unha curta galega. Este mércores tócalle a quenda “a pr
Juno é unha adolescente de Minnesota, aguda como un puñal que vive dacordo coas súas propias regras. Unha tarde decide manter relacións sexuais co encantadoramente sinxelo Bleeker. Enfrontándose a un embarazo imprevisto, Juno e a súa mellor amiga Leah urden un plan para atoparlle ao bebé a perfecta parella de pais. Fixan a súa mirada en Mark e Vanessa Loring, unha acomodada parella das aforas que desexa adoptar ao seu primeiro fillo...
A curtametraxe de Rubén Coca e Daniel Utrilla, “A Princesa Alegría” relata a vida de Eva e de Alberto. Unha escritora de contos infantís cuxas fantasías se confunden coa realidade, acompañada polo seu mellor amigo, emprenderá unha viaxe tenebrosa onde o único real é a súa amistade.
A cita co “Juno” en Versión orixinal subtitulada este xoves ás oito e media nos Cines Dúplex de Esteiro. Antes pasarase a curta “A Princesa Alegría”. Ambas funcións son gratuítas.