Maratón de chave en Mugardos

Maratón de chave en Mugardos

15 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O clube de Chave  o Baño de Mugardos organiza un maratón e un festival musical. O campionato celebráse esta fin de semana. A cita será no lugar do Baño da vila pulpeira.

No maratón participarán equipos de chave de toda a comarca  e conta coa colaboración da  Liga Comarcal de Chave, de Casa Tilocha e a concellaría de Cultura e Deportes do concello de Mugardos.O festival musical contará con diversas actuacións musicais. Hoxe tócalle o turno a Rey Mugre, Fure e The Torne´s. Na derradeira xornada de mañá domingo, Os Boinantes e Satán& Coplan pecharán os concertos. A asistencia será libre e de balde.

Deportes