Marcha a borrasca de Galicia

Marcha a borrasca de Galicia
12 de Xuño, 2020 - 03:14 h. | Publicada por Radio Fene

Marcha a borrasca cara o leste e deixa a Galicia con algún chuvasco e frío durante a fín de semana.

ESCOITA O PODCAST:

A borrasca provinte do golfo de Vizcaia vai marchando despois de deixar moito vento e moita auga. Diríxese cara o leste, afectando xa a Asturias. Así que a situación en Galiza vai mellorando ainda que quedan chuvascos por caer e o frío que continuará durante toda a fín de semana. As temperaturas non acadarán os 20º o sabado e domingo. Imos quedar ata o mércores cun tempo que “nin fu nin fa” en palabras de Juan Taboada, de Meteogalicia.

(Imaxe tomada fronte á ría de Ferrol)

Institucional

Publica o teu comentario agora