Marchando polo emprego

Marchando polo emprego

14 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A primeira Marcha polo Emprego saía ás 10 da mañá de San Valentín. Pasou por Fene e Neda ata chegar a Narón. A CIG, sindicato organizador das marchas contra o paro, entregarán o documento coas “cen medidas para sair da crise” en cada un dos concellos por onde pasen. O secretario comarcal da CIG, Xesús Lopez Pintos, que encabezaba a marcha desta mañá, falounos dalgunhas das 100 medidas para acabar coa crise que lle vir&ia

O mércores chegará a segunda Marcha polo Emprego, nesa ocasión discurrirá dende o Polígono de Río do Pozo ata a Praza de Armas en Ferrol. Ademais das marchas a Confederación Intersindical Galega leva a cabo unha recollida de firmas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular que levaría a debate no  Parlamento Galego das Cen medidas contra a crise. A iniciativa xa foi presentada e agora é necesario recoller como mínimo 15.000 sinaturas.

Sociedade