Marcos Mella presenta "300 meses"

Marcos Mella presenta "300 meses"
14 de Outubro, 2020 - 12:08 h. | Publicada por Radio Fene

Marco Mella estrea o seu novo disco “300 meses”. A produción do disco comezou hai cinco anos, coincidindo coa realización dun concerto no Teatro Jofre para celebrar os seus 25 anos na música. Foi un concerto cheo de colaboracións que Mella quixo manter neste disco.

ESCOITA O PODCAST:
Marcos Mella no estudo de Radio Fene presentando "300 meses"

O disco actúa como resumo da súa carreira. Inclue colaboracións con grandes amigos e artistas que foron importantes para Mella ao longo destes 25 anos. Tódalas cancións foron gravadas en Neda, no estudo de Victor Gacio, no que o cantante confiou durante toda a súa andaina na música. “La canción del bolsillo roto” foi a única canción que gravou fóra, en Cedeira. Segundo indica o artista, fala dun momento da súa vida no que tivo que decidir entre adicarse profisionalmente á música ou buscar outro traballo.

“300 meses” non é un disco de versións, tódalas cancións son de autoría propia. Para a presentación do disco gustarialle ter feito outro concerto no Jofre, pero debido á pandemia non poderá ser. Marcos Mella xa pensou en alternativas e o primeiro concerto terá lugar o próximo xoves con aforo reducido nun lugar aínda por revelar. Este será o o seu modus operandi, a realización de pequenos concertos en lugares que irá desvelando un par de días antes da cita.

Mella di notar o agarimos e cercanía do seu público e sinala que a xente desfruta moito da música. “É unha mágoa que non se tome en serio isto” di referíndose ao trato que recibe a cultura en moitas ocasións por parte das institucións.

Ademais de adicarse á música, tamén imparte clases na Escola de Música Municipal de Narón. Intenta involucrar aos rapaces na música e anímaos a que empreguen os locais de ensaio que o Concello lles facilita. Mella rompía unha lanza a favor do Concello de Narón que, con iniciativas como estas, apoia o sector cultural e musical.

Cultura

Publica o teu comentario agora