Margarita Ledo e Miguel Anxo Araúxo:

Margarita Ledo e Miguel Anxo Araúxo
07 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A cadeira do bispo de Mondoñedo Miguel Anxo Araúxo no plenario da Real Academia Galega (RAG), xa ten que a adopte. No sitio do ministro de Deus senta dende o 7 de febreiro de 2009  unha muller de Castro de Rei, republicana, nacionalista e que, sen ben antes que nada foi escritora e xornalista, ingresa na casa das Letras coa consideración de ser unha das voces máis singulares do mundo dos medios de comunicación e da cultura de Galicia.

ESCOITA O PODCAST:

"É un momento de reflexión na propia RAG", afirma a catedrática de Comunicación Audiovisual. Ese momento simbolízao ela mesma: "Que eu ocupe a cadeira dun bispo é significativo. Felizmente foi Araúxo Iglesias, que escribe no ano 1975 un escrito memorábel que é "O galego na Igrexa".

O discurso de aceptación que a flamante académica pronunciaba este mediodía no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela leva por título "Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a cultura galega".

Verbo do que o seu coñecemento do audiovisual galego pode supor para a RAG, coida que se cadra axuda a recuperar "un oco que quedou pendente, un ligame que se tronzou". Con todo lembra que o cine xa fora importante na preocupación da Galicia moderna. E viaxando onte á noite cara Vigo, onde participou na homenaxe a Xosé Luis Méndez Ferrín, Margarita Ledo Andión, facía memoria do que Carlos Velo foi para a nosa historia filmada.

Cultura