A Mariña, capital do surf

A Mariña, capital do surf

14 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Os 18 mellores surfers españois compartirán os seus coñecementos e experiencias na 2ª edición do Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo, que terá lugar os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril en diferentes praias da Mariña. Están programadas actividades para todos os públicos e idades, totalmente gratuítas e que inclúen o préstamo de material para os que non dispoñan del: multiactividades acuáticas, e

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Deputado provincial José Ramón Val e David Martínez, propietario do establecemento ribadense ¡Hola!Ola, organizadores e patrocinadores do evento, presentaron este martes en Foz a segunda edición do Km0 Surf- Camp Deputación de Lugo, que acollerá durante os días 30, 31 de marzo e 1 de abril ó mellor do surf nacional e internacional. Dezaoito profesionais farán da costa luguesa o punto de referencia deste deporte en España. Os galegos Gony Zubizarreta, Pablo Romero e Jaji Iglesias, xunto con outros campións coma Kepa Acero, Pablo Solar, Iván Villalba, Hodei Collazo, Adur Letamendía, Indar Unanue e novas incorporacións como o alemán Marlon Lipke, Hodei Collazo, Yoli Rodríguez e Loiola Canales, colaborarán coa institución provincial neste evento, que ten entre os seus obxectivos os de impulsar a Mariña de cara ó exterior, desestacionalizando o turismo na costa, así como poñer en valor a riqueza medioambiental da zona.

Gómez Besteiro amosou a súa plena confianza en que este ano aumentará o éxito acadado na pasada edición, e que reunirá de novo en torno ós areais lucenses a ducias de espectadores procedentes de todos os puntos da xeografía española, así como prensa especializada e blogueiros, que cubrirán as múltiples actividades. Nesta liña, Besteiro subliñou a importancia dunha iniciativa deste tipo que “dun xeito diferente e orixinal, contribúe á promoción turística das marabillosas praias coas que contamos na Mariña, non só na temporada estival, senón tamén noutras épocas do ano, nas que a costa luguesa ten moito que ofrecer”

Ó mesmo tempo, este tipo de iniciativas convértense nun destacado factor de impulso económico para negocios da zona, non só pola importante afluenza de visitantes durante os tres días de celebración do evento, senón pola promoción que isto supón entre profesionais e practicantes do surf. Tal é o caso dos tres clubes de surf da Mariña, que colaboran na organización do Km0 Surf- Camp Deputación de Lugo: North Shore Surf Club, de Barreiros, Surfiños de Foz e The Van, de Viveiro. Estes tres clubes, xunto con ¡Hola!Ola serán os encargados de seleccionar a catro surfistas mariñanos, que competirán xunto cos profesionais nas diferentes actividades organizadas.

14 homes e 4 mulleres, todos eles figuras do surf, participarán nas diferentes actividades, abertas ó publico de todas as idades de xeito totalmente gratuíto. Por exemplo Kepa Acero, dará conta das súas experiencias durante o proxecto “Cinco olas, cinco continentes”, co que percorre o mundo; Adur Letamendía compartirá cos asistentes os seus coñecementos para surfear grandes olas, de máis de 4 metros de altura.  O sábado 31 será o momento de inaugurar as olas mariñanas, coa celebración dunha expression session, na que os campións participantes e os iniciados neste deporte que o desexen exhibirán as súas habilidades, entre outras actividades. O día 1 de abril terá lugar a xornada de surf aberta na praia de Esteiro (Xove), durante a que todos os que o desexen, aínda que non teñan ningún tipo de experiencia ou coñecementos deste deporte, poderán surfear xunto á elite nacional, acompañados en todo momento por monitores.

Para máis información pódese consultar as direccións seguintes: www.facebook.com/km0surfcampdeputacionlugo

Sociedade