Marisco suficiente para a campaña de 2010 e de 2011

Marisco suficiente para a campaña de 2010 e de 2011

26 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os resultados do estudo poboacional de bivalvos levado a cabo na Ría do Burgo indican que existe unha gran cantidade de marisco que se prevé que acade a talla comercial para a súa extracción de cara á vindeira campaña de 2011. Así llo deu a coñecer esta mañá, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, aos membros da confraría da Coruña. Tamén lles confirmou que hai marisco suficiente coa talla comercial para poder completar

A conselleira do Mar insistiu en que o marisco extraído nas zonas catalogadas como B pode ser posto no mercado con todas as garantías hixiénico sanitarias.

Quintana lamentou a actividade dos furtivos e indicou necesario que os mariscadores traballen, xa que, segundo ela, “un ladrón non entra a roubar cando os seus propietarios están na casa”. En relación co  furtivismo, deuse a coñecer que  o Servizo de Gardacostas, en colaboración con do Corpo Nacional de Policía, desenvolveron onte un operativo especial na ría coruñesa no que identificaron a 7 persoas. Estas, carecían de permisos de explotación, e as autoridades lles comisaron 25 quilos de ameixa, ademais de diversos útiles de marisqueo. Con estas actuacións a Consellería do Mar reforza a loita contra o furtivismo, un dos problemas que máis preocupan ao sector pesqueiro galego.

Sociedade