Martínez aposta pola folga xeral comarcal

A edil de EU de Fene critica ao grupo de goberno pola súa "improvisación".
01 de Outubro, 2019 - 09:59 h. | Publicada por Radio Fene

Martínez chama á folga xeral tras o anuncio de peche de Endesa porque a comarca non sae dunha crise que afecta a todo o tecido industrial tradicional da zona.

ESCOITA O PODCAST:

A edil de EU, Mari Carmen Martínez, declarou esta mañá  no espazo As Foxas da Fenestra en Radio Fene, que aposta pola convocatoria dunha folga xeral na comarca ante a situación de Endesa e o desmantelamento industrial da zona co peche de outras empresas e problemas nas auxiliares de Navantia.

A concelleira de EU de Fene, Mari Carmen Martínez, volverá a preguntar no pleno de Fene deste mes onde van os 60.000 euros que estaban reservados para Promoción económica e que desapareceron cando se ía organizar a Festa Mariñeira e o Festival das Ondas. Martínez se pregunta con qué diñeiro de vai facer o Concurso de Tapas. A propósito deste e doutros asuntos, Martínez califica o goberno do PP de "contínua improvisación". No capítulo da "deixadez" coloca o retraso na ampliación dos locais asignados aos grupos políticos con representación municipal. Tamén a reposición de marquesinas como a de Vilanova en Sillobre ou a proliferación de ratas nesta parroquia pola falta de desbroces desde hai un ano.

Institucional

Publica o teu comentario agora