Marta Souto destaca o paso paso cara a igualdade que representa a primeira Liga Galega de Traiñeiras Feminina

Marta Souto destaca o paso paso cara a igualdade que representa a primeira Liga Galega de Traiñeiras Feminina

19 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

 

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou hoxe a Liga Galega de Traiñeiras Feminina, que comezará este ano a súa andaina “por primeira vez na historia” desta disciplina e que supón “un paso máis cara a igualdade” entre sexos. A iniciativa contou co apoio unánime da asemblea da Liga Noroeste, que se encarga da organización da Liga Galega de Traiñeiras.

En rolda de prensa, o presidente da Liga, Juan Ramón Outeda, manifestou a súa satisfacción pola decisión tomada pola asemblea de forma unánime o pasado día 13 de febreiro en Santiago. Neste sentido, explicou que “está previsto que a competición masculina e feminina teñan lugar de forma simultánea” e que a proba de mulleres se realice en primeiro lugar sobre o mesmo campo de regatas. Asimemo, aclarou que todavía “non está confeccionado” o calendario da competición. Por outro lado, unha das novidades desta edición do campionato será que os equipos poderán formarse con máis dun club, é dicir, a unión de varias entidades, no caso de que carezan de remeiras suficientes para facer unha tripulación nunha soa entidade. A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, destacou este “fito histórico” no remo tradicional “grazas ao esforzo de todos”. Finalmente, Souto destacou a presenza dun representante galego na Liga ACT feminina, que tamén se vai a por en marcha na presente tempada, o que na súa opinión “completa a satisfacción” sobre o avance da igualdade “nun marco onde había moitas dificultades".

Deportes