Marta Tudanca leva á victoria ao Universitario Ferrol

Marta Tudanca leva á victoria ao Universitario Ferrol

05 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Catro xornadas restan para o remate da LF 2 de baloncesto feminino. O Universitario Ferrol subiu onte á tarde un novo chanzo pola escaleira que o leva aos postos de promoción de ascenso. Venceu con dificultades ao ADBA Avilés (68-59) no polideportivo de Esteiro coa aportación decisiva da vitoriana Marta Tudanca

O Universitario non acertou en ataque en case ningunha fase do partido. As asturianas acudiron ao pavillón de Esteiro moi motivadas e colleron a iniciativa no xogo e no marcador durante boa parte do partido. O ADBA Avilés vencía ao descanso 30 – 37. Chiqui Barros reaccionou e no terceiro cuarto sacou á pista a Lucía Lago para reforzar o traballo defensivo. A táctica deu resultado e se chegou ao último cuarto cun empate a 48 puntos no marcador. O acerto de Marta Tudanca no último minuto do partido con 7 puntos consecutivos, deixou finalmente a victoria en Ferrol.

Deportes