Martes de entroido, martes de comparsas

Martes de entroido, martes de comparsas

22 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para participar no Festival de Comparsas de Ferrol. O festexo celebrarase o martes de entroido, o día 16 febreiro na Praza de Armas. Por primeira vez o concello ferrolán  convida aos centros de ensino a sumarse a esta inciativa. Premiárase ás agrupacións con 700 euros. No caso dos escolares levarase a cabo un concurso dotado cun premio de mil euros en material educativo para o centro gañador.

O prato forte do Entroido ferrolán será o Festival de comparsas, mais a Comisión de Festas traballa nun programa máis amplo e variado para estas xornadas que se dará a coñecer en próximas datas. O calendario festivo arrinca o 13 de febreiro e rematará o día 19, co tradicional Enterro da Sardiña, que cada ano organiza a Asociación de Veciños de Ultramar coa colaboración do Concello de Ferrol. 

O Festival de Comparsas irá precedido dun desfile con punto de partida na praza de Amboaxe e dirección rúas Real, Carmen e Galicia. Rematará fronte ao pazo municipal, onde comezarán as actuacións das comparsas participantes. Os seus integrantes interpretarán os seus repertorios de burlas e chirigotas. Dous temas por formación en lingua galega.

As solicitudes presentaranse ata o 5 de febreiro no Edificio Social do Concello, ubicado na rúa Sánchez Barcáiztegui, números 35-47, ou ben remitindo un fax ao número 981 944 237. Os interesados contan tamén un correo electrónico.

Haberá un apartado de disfraces para aquelas persoas que desexen participar a título individual, en parella ou en grupo. Tanto as comparsas como as máscaras, percorrerán, unha vez rematado o festival, as rúas ferrolás.  

Sociedade