Matías Usero, o crego anticlerical

Matías Usero, o crego anticlerical

19 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un dos persoeiros notables e esquecidos da historia da Galicia do século XX , o crego Matías Usero Torrente, protagoniza un dos traballos de investigación publicados no novo número dos “Papeis Ártabros” que edita o Centro Ártabro de Estudos. Este singular persoeiro rescatado do olvido no que, por mór da persecución posterior ao levantamento de 1936, permaneceu como tantos outros ilustres, foi un dos precursores do diálogo cri

O artigo, da autoría da historiadora madrileña Mª Luisa Tezanos e con apuntamentos do tamén historiador Mario Valdivielso, relata como Matías Usero, a pesares de ordearse crego, na diócese de Mondoñedo, e en contra da vontade de seu pai,-que foi alcalde de Ferrol entre os anos 1916-1920- sempre se sentíu á marxe da igrexa. De feito é autor de varios libros eclesiásticos nos que lanza acusacións durísimas á cúpula do Vaticano.

No ano 1930 afíliase ao partido socialista, formación que logo abandoará para colaborar cos republicanos. Esta afiliación ao socialismo e a participación nun mitin celebrado na cidade custaríalle un forte enfrontamento co crego da Igrexa do Carme de Ferrol. Matías Usero rexeitaba firmemente os rexímes totalitarios e fascistas aos que tamén dirixíu duras críticas. A súa ideoloxía anticlerical levouno a ser un dos precursores do diálogo entre cristianismo e socialismo.

Pero non só no eido eclesiástico e político foi un persoeiro relevante. Este crego foi tamén  un dos impulsores da creación do primeiro instituto de bacharelato que houbo en Ferrol, que defendeu acérrimamente polo molesto que resultaba, dicía, que os rapaces tivesen que desprazarse á cidade de A Coruña a examinarse.

Tamén o veciño de Limodre (Fene) Sindo Seixido fala de Matías Usero no seu libro Huellas de amor en la memoria. Segundo Seixido, Usero era moi conversador e falaba con vehemencia e acaloramento. Nese volume reprodúcese palabras textuais do ex-sacerdote nunha conversa con Sindo:

Ya me han publicado un libro que he titulado Las religiones desenmascaradas y trabajo en otro que va a levantar ronchas porque hablo de la hipocresía de los jerarcas de la Iglesia, de la corrupción existente y de los escándalos que se viven en los conventos de monjas (1)

No número 5 dos Papeis Ártabros recollense tamén artigos de investigación de múltiples áreas de coñecemento como o de Juan Escrigas sobre “La Fragata Asturias como escuela naval flotante”, un estudo dos “Fachos, vixías, velas e atalayas dende o Cabo Ortegal á Ría de Corme" da autoría de José López Hermida e “Pepito Arriola. Un apunte para a súa biografía”, escrito por Rosa Méndez Fonte, entre outros.

(1) Px. 81. SEIXIDO, SINDO Huellas de amor en la memoria. Ed. Martinez. Cádiz.2009
 

Cultura