Mata ao seu tío e suicídase en Arzúa

Mata ao seu tío e suicídase en Arzúa

19 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Dous membros dunha mesma familia, sobriño e tio, morreron na noite do sábado ao domingo a consecuencia de dous disparos de escopeta. Foi na parroquia arzuá de Dodro, na aldea de Ramil. Os feitos tiveron lugar arredor das 10 da noite cando Manuel Barreiro Souto, que estaba sometendose a un forte tratamento psiquiátrico fíxose coa escopeta do tío, Jesús Barreiro Blanco, e disparoulle causándolle a morte instántan

Tal e como contan fontes próximas á familia, sobriño e tío vivían na mesma casa onde tamén residía a nai do rapaz, precisamente foi ela quen atopou os cadáveres. A consternación fíxose coa parroquia onde tío e sobriño gozaban dunha grande popularidade. Manuel Barreiro sofría desde hai tempo problemas psiquiátricos e estaba a tratamento na consulta dun doutor de Santiago de Compostela. Algunhas fontes indicaron que as súas relacións co seu tío, minusválido, non eran boas. 

Sociedade