A matanza esquecida

A matanza esquecida
27 de Xuño, 2019 - 01:08 h. | Publicada por Radio Arzúa

Os carlistas mataron a corenta persoas das aldeas de Gastrar e Vigo, de Boqueixón, o 8 de setembro de 1838. Ese grave suceso trátase no libro “Unha matanza esquecida” de Severino Fernández Abel. A matanza produciuse o Dia de Gundián, o 8 de setembro de 1838. Eliminouse á práctica totalidade dos cabezas de familia e os seus corpos enterraronse nas leiras en lugares sen identificar. Nesa zona funcionaba un Batallón de Voluntarios (ao mando do capitán Raviña) que apoiaba ao exército liberal.

ESCOITA O PODCAST:
Emilia Saavedra, Henrique Sanfiz, Severino Fernández Abel, Tatty Lavandeira e Esther Val

A partir do “abrazo de Vergara” as familias das vítimas tiveron que aprender a convivir cos cómplices dos seus verdugos. Os estamentos oficiais non “honraron” aos falecidos nen cmpensaron aos familiares. A investigación oficial concluiu que Frei Saturnino Enriquez (frade da Orde Terceira de San Francisco de Melide) fora quen dirixira o ataque, xunto coa facción de Ramón Ramos. Non deu con eles nen se identificou aos restantes atacantes. A forte crueldade na incursión, provocou un problema económico moi grande despois da guerra, porque na poboación que sobreviviu prendeu un medo atávico que lles impedía traballar as terras, nas que era frecuente a aparición dos restos humanos dos seus familiares.

Cultura

Publica o teu comentario agora