Material preventivo e chocolatada popular en Ferrol

Material preventivo e chocolatada popular en Ferrol

01 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nunha carpa instalada na Praza de Armas de Ferrol repartiranse hoxe preservativos masculinos e femininos, kits de sexo seguro e de folletos informativos para a prevención do VIH e outras enfermidades de transmisión sexual. Son algunhas das actividades que en conmemoración do Día Mundial da loita contra o Sida programou o Comité Antisida Lazos de Ferrol en colaboración co Centro de asesoramento en educación afectivo sexual da Xunta de Galicia “Qu&eacu

O reparto deste material preventivo comezará esta mañá e repetiráse logo a partir das cinco da tarde. Posteriormente a organización antisida de Ferrol convidará a tódolos presentes a unha chocolatada popular. Os actos rematarán ás sete da tarde coa lectura dun manifesto que fará unha lembranza de todos aqueles que foron afectados pola enfermidade e daqueles que xa nos se atopan entre nós. O manifesto conta coas adhesións de 14 organizacións, profesionais e administracións entre elas o concello de Ferrol, a rede de centros “quérote” da Xunta de Galicia ou a Asociación de nais contra a droga de Vigo, entre outras.

Por outra banda, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, deu a coñecer os datos epidemiolóxicos de novas diagnoses por VIH na comunidade galega dos últimos catro anos. Os resultados amosan que neste período rexistráronse en Galicia 1025 novos casos desta infección, cunha media anual de 205 contaxios por ano.

No informe sinálase tamén que a práctica de risco máis habitual son as relacións heterosexuais sen protección no caso das mulleres, e os contactos homosexuais non protexidos no caso dos homes. Asimesmo os contaxios por compartir material de inxección para drogas supoñen a cuarta parte dos rexixtrados por nova infección. O Comité Antisida  fai unha chamada de atención insistindo na importancia de adoptar medidas preventivas para evitar os contaxios e salientando tamén a relevancia da detención precoz da enfermidade.

Sociedade