Material sensible

A Asociación Patio de butacas colabora con esta actividade.
17 de Xuño, 2019 - 09:51 h. | Publicada por Radio Fene

Un libro de poemas e unha danza oriental. ¿Qué mellor espectáculo para o escenario do cine Adriano?

O cine Adriano volve abrir as portas o vindeiro venres para a presentación do libro “ Material sensible” de Roxelana Gil.

Este libro é, sen dúbida, unha viaxe apocalíptica e intimista, onde se reflexan emocions en estado puro, núas de forma e contido, que busca remover e sacudir ao lector e tamén, como non, emocionarlo.

O acto, previsto para as oito da tarde, acompañarase da actuación da bailarina especialista en danzas orientais, Rosa Salanova (na imaxe) con música de Marcos Mella. Este venres 21 de xuño ás oito no cine Adriano de Barallobre (fene).

Tanto a autora do poemario como a bailarina cumprirán así o seu desexo de presentar a súa obra no vello cine de Barallobre.

Cultura

Publica o teu comentario agora