Matriarcas

Matriarcas

15 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A xornalista Montse Fajardo presenta o libro “ Matriarcas”  A testemuña de dez mulleres galegas que contribuiron a soster a nosa sociedade durante a postguerra.  Organiza a presentación a Asociación Cultural Medulio, ás 20.00h na Galería Sargadelos de Ferrol. A idea xurdiu no ano 2001 cando a autora realizaba unha reportaxe para o xornal Faro de Vigo e entrevista a unha muller no cemiterio de Vilagarcía,  unha das que logo serí

A maior das dez, Delia, que era parteira en Moraña, vai cumprir 104 anos. A máis nova, Tareixa Navaza, ten 65. Montse Fajardo explicounos que a escolla das matriarcas é froito, máis do corazón que dunha razón intelectual e entende que a historia na que aparecen os homes como protagonistas, como soldados, escapados, emigrados, etc continúa coas mulleres que sosteñen as vidas dos que quedan.
O libro "Matriarcas" presentouse en actos multitudinarios por moitas localidades galegas. Hoxe tócalle a Ferrol, ás 20.00h na Galeria Sargadelos, nunha iniciativa da Asociación Cultural Medulio.

Sociedade