Maxia potaxia

O Mago Antón actúa o sabado 23 de marzo en Fene
20 de Marzo, 2019 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

O Mago Antón aparca na praza Alcalde Ramón Souto de Fene este sabado 23 de marzo. Dentro do programa Ven a Fene! ofrecenos un espectáculo familiar para todos os públicos e nun recinto pechado. Como o aforo é limitado, entrarase por rigurosa orde de chegada. Os horarios do espectáculo son pola mañá ás 12 e ás 13 horas. Pola tarde empeza a primeira función ás 18h e síguenlle, ás 19, 20 e a última ás 21 horas.

O que quizás é o mago máis popular de Galicia, o Mago Antón ofrecerá seis sesións de maxia este sábado 23 de marzo en Fene para os máis pequenos e pequenas da casa e as súas familias.  O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, avanzou que o Concello traerá ao Mago Antón ao municipio para que estes poidan disfrutar dos seus trucos e xogos, nunha proposta cargada de fantasía. . Será nun recinto pechado, na praza do Alcalde Ramón Souto González, en horario de mañá e de tarde. E é que o ilusionista ofrecerá ata seis espectáculos ás 12 h, 13 h, 18 h, 19, 20 e 21 horas. Iso si, o aforo é limitado e para asistir aos mesmos terase en conta a orde de chegada. A actividade inclúese no programa de promoción turística “Ven a Fene”, co que o Concello ofrece razóns e reclamos para disfrutar do municipio. Este sábado, será o Magomóbil, deseñado para ofrecer, a un ritmo trepidante, xogos de maxia creados polo Mago Antón.

Cultura

Publica o teu comentario agora