Mazos, aros ou pelotas na man para convertirnos en malabaristas

Mazos, aros ou pelotas na man para convertirnos en malabaristas

10 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aínda hai prazas libres para o curso de iniciación aos malabares que se vai celebrar en Neda esta fin de semana. Este obradoiro levarase a cabo mañá venres de 4:30 a 8:30 da tarde. O sábado o horario será de 10 a 2 na mañá e de 4:30 a 8:30 na tarde. O custe é totalmente gratuito. Os interesados deberán formalizar a súa inscrición na Casa da Cultura de Neda.

Circursfusion e mailo concello de Neda son os encargados de organizar este curso do máis curioso e divertido. Segudo a membro de Circusfusión, Silvia López non hai que ter unha forma física excelente para practicar o malabarismo pero o que si hai que facer é practicar moito para aprender.  E iso é o que van facer este venres e sábado en Neda.

Silvia tamén explicou que hai mitos tipos de malabares: pelotas, mazos e aros entre moitos outros. Todo iso poderán facer os que asistan a este curso de iniciación de malabares. Lembramos que aínda hai prazas libres. Para máis información, poden visitar a páxina web www.circusfusion.blogspot.com ou chamar ao teléfono 630 790 513.

Sociedade