Medalla ao bo facer

Medalla ao bo facer
20 de Decembro, 2023 - 02:37 h. | Publicada por Radio Fene

“Estou encantadísimo coa fontanería, na ESO era un desastre”, recoñece Abel Chao. O IES de Fene celebra a Medalla de prata gañada polo seu alumno no Galicia Skills, na categoría de Fontanería e Calefacción. Conversamos en Radio Fene con Abel e coa profesora Inés Piñeiro, a titora que o preparou para a competición.

ESCOITA O PODCAST:

“Orgullosísimos” coa medalla están na familia deste estudante de Neda, moi vinculada á fontanería. Felices tamén no IES de Fene “para o centro foi un orgullo e tamén para mín, ves a evolución dun alumno que na ESO non acadaba os mellores rendementos”, indica Inés Piñeiro. Abel recibiu o martes unha homenaxe no IES de Fene na que deu unha charla aos seus compañeiros “animeinos, non fai falta ir á Universidade para desenvolverse no mundo laboral”. “Foi a nosa primeira experiencia”, lembra a profesora, disposta a repetir “veñen cun grao de empoderamento moi grande, require horas de dedicación para eles e para nós, pero é unha experiencia moi recomendable”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora