Medidas proactivas e non á defensiva

Medidas proactivas e non á defensiva
19 de Agosto, 2020 - 10:59 h. | Publicada por Radio Fene

O coronavirus provocou unha avalancha de problemas de ansiedade na xente nova. Atopámonos con certo rexeitamento ou medo á hora de retomar as clases, pero tamén con estudos que indican os efectos negativos para a saúde mental relacionados co confinamento.

ESCOITA O PODCAST:
Alumnado escola de Sillobre en 2013

Ante a incertidume sobre as medidas de seguridade para o reinicio das clases, moitos pais plantéxanse a posibilidade de non mandar o seu fillo ao colexio.

Unha recomendación para enfrontar esta situación sería deixar de tomar medidas á defensiva e tomar medidas máis proactivas. “Incluir a educación emocional como contido dentro da educación” é un dos xeitos cos que pode mellorar a situación do alumnado segundo nos indica, o psicólogo, José Barcia.

Outra das preocupacións que están á orde do día son os rebrotes. Segundo defende Barcia, o feito de que hoxe falemos dos rebrotes indica que estamos mellor que hai meses porque estamos na rúa e isto xa é un feito positivo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora